2013 ANO DE ROSALÍA DE CASTRO

quarta-feira, 20 de fevereiro de 2013

VAITE NOITE, VAI FUXINDO...

ROSALÍA DE CASTRO, A GRANDEZA

CASTELLANOS DE CASTILLA

AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES

NINFA DAS FRESCAS AUGAS

—Meniña, ti a máis fermosa
que a luz do sol alumbrara;
ti a estrela da mañanciña
que en puras tintas se baña;
ti a frol das froridas cumbres,
ti a ninfa das frescas augas,
ti como folla do lirio
branca, pura e contristada
¿Quen eres, fada sin nome
de tan dormentes miradas,
de tan dorida sonrisa
de feituriña tan cándida?
¿Quisais de muller naceches
sendo tan limpia e tan casta?
¿Quisais das brisas da tarde,
quisais das brétemas vagas
das burbulliñas dun río,
quisais dunha nube branca?
¿Ou as espumas do mare
a un raio de sol xuntadas
pousáronte ó ser de aurora
nunha cunchiña de nacra?
Mais, de onde queira que sexas,
tristísima pasionaria,
por ti sinto un amor puro
que pouco a pouco me mata.
Por ti, de noite e de día,
cal vaga sombra encantada,
preto do teu vivir ximo,
ximo cos ventos que pasan
facendo vibrar sonoras
sentidas cordas dun harpa,
que con ecos tembradores
dos meus amores che falan.
Mais dime: ¿por que estás muda,
di por que estás solitaria,
di por que vives nos montes
cos paxariños que cantan,
mentras ti choras e choras
ó pé dun olmo sentada,
toda de loito cuberta,
toda cuberta de lágrimas.

Rosalía de Castro (1996). Cantares Gallegos (Vigo: A Nosa Terra)

SON DE POETAS

Nesta páxina podedes acceder a poemas musicados de Rosalía e algúns adicados a ela coma o de Curros.
http://sondepoetas.blogspot.com.es/

quinta-feira, 14 de fevereiro de 2013

PROPOSTA DE ACTIVIDADE: DEBUXANDO A ROSALÍA

Debuxar un poema

Pódese debuxar un poema de Rosalía de Castro, gravalos ou fotografalos, e facer unha montaxe. Logo que expliquen o porqué deses debuxos, que lles suxería ( segundo a idade pode pedírselle isto ou con máis profusión literaria) e despois realizar unha exposición.

Tamén mentres se proxectan os debuxos sobre un poema (dunha mesma persoa ou sobre un mesmo poema) pode recitarse por unha persoa ou por varias e facer unha xornada ou unha sesión rosaliana.

domingo, 3 de fevereiro de 2013

A POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. MARINA MAYORAL.

ESTUDIO SOBRE A OBRA ROSALIANA. Está en castelán, máis pódese aproveitar para sacar información para a realización de traballos e estudos no 2º ciclo de ESO e Bacharelato.
http://www.biblioteca.org.ar/libros/134223.pdf

BIBLIOTECA VIRTUAL MIGUEL DE CERVANTES: ROSALÍA DE CASTRO

http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/rosaliadecastro/pcuartonivel.jsp?conten=imagenes&pagina=imagenes2.jsp

ACTIVIDADES
http://www.materialesdelengua.org/LITERATURA/PROPUESTAS_LECTURA/ROSALIA_CASTRO/rosalia_castro.htm

CANTARES GALEGOS. GALIPEDIA.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Cantares_gallegos

UNIDADE DIDÁCTICA ESO: "Campanas de Bastabales"


 “ Campanas de bastabales”

Campanas de Bastabales:
cando vos oyo tocar,
mórrome de soidades.
I
Cando vos oyo tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno á chorar.

Cando de lonxe vos oyo,
penso que por min chamades,
e d'as entrañas me doyo.

Dóyome de dor ferida,
qu'antes tiña vida enteira
y hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que d'aló me trouxeron
os que d'aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Qu'os amores xa fuxiron...
As soidades viñeron...
De pena me consumiron.

II
Aló pol-a mañanciña
subo enriba dos outeiros
lixeiriña, lixeiriña.
Com'unha craba lixeira,
para oir d'as campaniñas
a batalada pirmeira.

A pirmeira d'alborada
que me traen os airiños,
por me ver máis consolada.

Por me ver menos chorosa,
n-as suas alas m'a traen
rebuldeira e queixumbrosa.

Queixumbrosa e retembrando
por antr'a verde espesura,
por antr'o verde arborado.

E pol-a verde pradeira,
por riba d'a veiga llana,
rebuldeira e rebuldeira.

III

Paseniño, paseniño,
vou pol-a tarde calada,
de Bastabales camiño.

Camiño d'o meu contento;
y en tanto o sol non se esconde,
n-unha pedriña me sento.

E sentada estou mirando
cómo'a lua vai saindo,
cómo o sol se vai deitando.

Cál se deita, cál se esconde,
mentras tanto corre a lua
sin saberse para donde.
Para donde vai tan soya,
sin qu'ôs tristes qu'a miramos
nin nos fale, nin nos oya.

Que si oíra e nos falara,
moitas cousas lle dixera,
moitas cousas lle contara. 

1. O tema da morte é unha constante na lírica de Rosalía. Explica como aparece en estes poema.
RESPOSTA: Presenta aos mortos como en vela, estrañados ante o silencio das campás.
2. Observa que o texto posúe a súa peculiar sonoridade, que garda relación co tema e o verso empregados. Elabora o esquema métrico do poema.
RESPOSTA: «As campás» segue a estrutura do romance.
3. Que versos rompen a regularidade? Atopas algunha razón no contido que o xustifique?
RESPOSTA: O verso 9 de «As campás» rompe a medida e introduce un gerundio final que suxire o resonante eco das campás.
4. Que elementos asócianse no poema á presenza e á ausencia das campás?
RESPOSTA: Presenza: paz e harmonía na natureza.
Ausencia: tristeza e desolación.

A XUSTIZA POLA MAN. RAP: AID


NEGRA SOMBRA


ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
 amoriñas das silveiras
 que eu lle daba ó meu amor,
 camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
 ¡Adios groria! ¡Adios contento!
 ¡Deixo a casa onde nacín,
 deixo a aldea que conozo
 por un mundo que non vin!
 Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
 deixo, en fin, canto ben quero...
 ¡Quen pudera non deixar!...
http://www.galiciaespallada.com.ar/rosalia_castro_cantaresgallegos.htm

ESCOLMA ROSALÍA. CASTELLANA DE CASTILLA.

Castellana de Castilla,
tan bonita e tan fidalga,
mais a quen para ser fera
ca procedensia lle abasta.
Desíme, miña señora,
xa que os mostrás tan ingrata,
si o meu rendimento homilde
bascas de enoxo vos causa,
pois cando onda vós me achego
cuspís con ardentes ansias,
i ese mirar de pombiña
volvés en fosca mirada,
tornando en sombrisa noite
o día que en sol se baña.
En vano intento, señora,
saber por que me maltrata
dama dun alma tan nobre,
aunque soberba por fama,
pois n'é motivo a desprezo
sintirse tan ben amada,
que as mesmas pedras, señora,
dun bon querer se folgaran.
Din que na nobre Castilla
así ós gallegos se trata,
mais debe saber Castilla
que de tan grande se alaba,
que sempre a soberbia torpe
foi filla de almas bastardas;
e sendo vós tan sabida,
nunca de vó-lo pensara,
que de tan alto baixando
vos emporcases na lama;
nin que chamándovos nobre,
tanta nobreza enfouzaras
imitando ós que vaidosos
no que está débil se ensañan.
Pero máis val que enmudeza,
pois tes condición de ingrata;
que predicar en deserto
na miña terra n'é usanza.
Si fun curpabre en quereros
coma ningún vos amara,
por ser de terra gallega
e serdes vós castellana,
 en paz, señora, vos deixo
ca vosa soberba gracia,
e voume á Galicia hermosa
donde en xuntanza me agardan
o que non tendes, señora,
i o que en Castilla n'achara:
campiños de lindas rosas,
fontiñas de frescas auguas,
sombra na beira dos ríos,
sol nas alegres montañas,
caras que nacen sorrindo
e que sorrindo vos aman,
e que inda mesmo morrendo
en sonrisiñas se bañan.
Alí, señora, contento
cantando o doce ala lala,
baixo a figueira frondosa,
en baixo da verde parra,
c'aquelas frescas meniñas
que mel dos seus labios manan,
cando en falar amoroso
meigo nos din en voz maina
con tódalas de Castilla
nobrísimas castellanas
olvidareivos sin pena,
anque sos vós tan fidalga.
Que aló saben ser altivas,
pero non saben
ser vanas,
i é fácil con doces tomas
olvidar tomas amargas.
Déchesmas vós, mi señora,
con desprezo envenenadas,
inda con fero máis fero
que pelica de laranxa;
mais teño por que me pase
aquel sarrapio que escalda,
teño unha dama nos Portos,
outra no Ribeiro de Avia;
si a dos Portos é bonita
a do Ribeiro lle gana.
 
http://www.galiciaespallada.com.ar/escolmarosalia_cantares2.htm

ROSALÍA DE CASTRO: OBRA COMPLETA PARA DESCARGAR


http://www.rosaliadecastro.com/versiongalego.htm

RABUÑANDO NOVOS CANTARES

Conxunto de actividades dirixidas ao alumnado de Infantil e Primaria para traballar os versos de "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro, co gallo do 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora.
Autoría: Biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda de Redondela
http://coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=arqweb/recursos/rec188.php

RECURSOS EDUCATIVOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO, E. INFANTIL E PRIMARIA


FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

Aquí vos deixo o enlace á Fundación Rosalía de castro onde podedes atopar información de interese.

http://www.rosaliadecastro.org/

ROSALÍA: BREVE BIOGRAFÍA E BIBLIOGRAFÍA

Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837 e morreu en Padrón en 1885. Figura clave do Rexurdimento galego, tamén produciu literatura en castelán, e foi considerada, xunto a Bécquer, gran representante dun Romanticismo tardío. A autora contribuíu nas súas últimas obras á renovación métrica que anunciaba o Modernismo. E, como muller consciente do papel secundario ao que estaban relegadas culturalmente na súa época, quixo deixar claras algunhas outras cuestións… A figura de Rosalía foi reivindicada como precursora do feminismo, e así se pode considerar en tanto que algunhas das súas obras en prosa reivindicaron o papel da muller na cultura. En lingua castelá compuxo narracións como A filla do mar (1859) e O cabaleiro das botas azuis (1867), revalorizada recentemente, nas que trata o tema da dignificación da muller. As literatas (Cartas a Eduarda) (1866), é un artigo sobre a condición feminina na que a autora advirte da atribución de obras de mulleres a homes, especialmente aos seus maridos. Nesta carta Nicanora aconsella a Eduarda que non escriba, que non publique, que rompa os seus poemas, nun exercicio de sarcasmo contra o estatus ao que eran apartadas as mulleres creadoras. Aínda que Rosalía sempre quedará na memoria como poetisa. Aos 20 anos publicou o seu primeiro libro poético, A Flor, en castelán e próximo ao Romanticismo de Espronceda. A esta obra seguiu Cantares galegos (1863), na lingua natal da autora, que sitúa a temática amorosa xunto a outras composicións de asunto social e costumista. Rosalía asume a voz do pobo galego, situándose con esta obra como precursora, xunto a Curros Enríquez e Eduardo Pondal, do Rexurdimento cultural de Galicia. Establecida en Madrid tralo seu matrimonio, a morriña da súa Galicia natal e a dor pola situación de abandono en que a vía, lévaa a escribir dese modo. En Follas Novas (1880) obsérvase un cambio de sensibilidade, un incremento do lirismo. A nostalxia, soidade e tristeza do eu poético en ocasións identifícanse co sufrimento do pobo galego. Xa se apunta o tema da morte como liberación da dor. O mundo é adverso e a existencia humana dolorosa. Algúns críticos considérano o mellor de toda a poesía galega. A súa obra principal en castelán, Nas beiras do Sar, publicouse en 1884. Nela acentúase o pesimismo e a obsesión pola morte e abundan as meditacións maduras sobre o sufrimento da vida, o amor, a vellez, a eternidade. Os seus poemas, desprovistos de calquera esperanza, supoñen un punto de partida da lírica moderna. Rompen coas formas métricas do seu tempo e presentan unhas imaxes pouco tradicionais. Algúns dos seus símbolos inspirarán a Antonio Machado. Juan Ramón Jiménez sitúaa entre os predecesores da revolución poética iniciada por Rubén Darío.

2013 ANO DE ROSALÍA DE CASTRO