2013 ANO DE ROSALÍA DE CASTRO

terça-feira, 10 de maio de 2011

MERLÍN E FAMILIA. INTERACTIVIDADE TEATRAL.

 A editorial Galaxia convidou a semana pasada ó alumnado de ESO e Bacharelato da cidade a asistir á representación dunha adaptación libre de "Merlín e familia" no Verbum. Unha obra realizada e interpretada por Sarabela na que a actriz introduce ó público na obra como actores-protagonistas. Unha perfomance de estilo vangardista donde a través do relato dunha filóloga que fai o camiño de Santiago, na procura das paisaxes que recrea Cunqueiro na súas obras, atópase de súpeto, e por unha serie de circunstancias, co mesmísimo Merlín en persoa. A interacción co público é excelente, e o adentramento na obra e nas características da mesma achega ó coñecemento do mundo fantástico de Cunqueiro, a ese realismo máxico que o fixo de seu, facendo da interpretación unha clase maxistral do eido cunqueiriano. 
Alumnos e profesores convertéronse en actores e actrices
espontáneos por un día, facendo do espectáculo unha
experiencia persoal única e intransferible transmitida a un público adolescente e sorprendido de terse adentrado na literatura doutro xeito.