2013 ANO DE ROSALÍA DE CASTRO

domingo, 3 de fevereiro de 2013

UNIDADE DIDÁCTICA ESO: "Campanas de Bastabales"


 “ Campanas de bastabales”

Campanas de Bastabales:
cando vos oyo tocar,
mórrome de soidades.
I
Cando vos oyo tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno á chorar.

Cando de lonxe vos oyo,
penso que por min chamades,
e d'as entrañas me doyo.

Dóyome de dor ferida,
qu'antes tiña vida enteira
y hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que d'aló me trouxeron
os que d'aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Qu'os amores xa fuxiron...
As soidades viñeron...
De pena me consumiron.

II
Aló pol-a mañanciña
subo enriba dos outeiros
lixeiriña, lixeiriña.
Com'unha craba lixeira,
para oir d'as campaniñas
a batalada pirmeira.

A pirmeira d'alborada
que me traen os airiños,
por me ver máis consolada.

Por me ver menos chorosa,
n-as suas alas m'a traen
rebuldeira e queixumbrosa.

Queixumbrosa e retembrando
por antr'a verde espesura,
por antr'o verde arborado.

E pol-a verde pradeira,
por riba d'a veiga llana,
rebuldeira e rebuldeira.

III

Paseniño, paseniño,
vou pol-a tarde calada,
de Bastabales camiño.

Camiño d'o meu contento;
y en tanto o sol non se esconde,
n-unha pedriña me sento.

E sentada estou mirando
cómo'a lua vai saindo,
cómo o sol se vai deitando.

Cál se deita, cál se esconde,
mentras tanto corre a lua
sin saberse para donde.
Para donde vai tan soya,
sin qu'ôs tristes qu'a miramos
nin nos fale, nin nos oya.

Que si oíra e nos falara,
moitas cousas lle dixera,
moitas cousas lle contara. 

1. O tema da morte é unha constante na lírica de Rosalía. Explica como aparece en estes poema.
RESPOSTA: Presenta aos mortos como en vela, estrañados ante o silencio das campás.
2. Observa que o texto posúe a súa peculiar sonoridade, que garda relación co tema e o verso empregados. Elabora o esquema métrico do poema.
RESPOSTA: «As campás» segue a estrutura do romance.
3. Que versos rompen a regularidade? Atopas algunha razón no contido que o xustifique?
RESPOSTA: O verso 9 de «As campás» rompe a medida e introduce un gerundio final que suxire o resonante eco das campás.
4. Que elementos asócianse no poema á presenza e á ausencia das campás?
RESPOSTA: Presenza: paz e harmonía na natureza.
Ausencia: tristeza e desolación.

Sem comentários:

Enviar um comentário