2013 ANO DE ROSALÍA DE CASTRO

domingo, 27 de março de 2011

UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE ÁLVARO CUNQUEIRO E A SÚA ÉPOCA. ESCOLMA DE TEXTOS E ACTIVIDADES. Ed. Xerais.

Nas novelas e relatos de Álvaro Cunqueiro atopamos unha orixinalísima mestura de realidade e fantasía. En cada un dos seus libros coexisten personaxes e feitos fantásticos con outros que ben poderían pertencer á vida cotiá. O autor utiliza sempre técnicas propias da narración realista, cunha presenza importante de recursos tirados da tradición oral popular. Isto, unido aos ambientes familiares nos que se desenvolve a acción, provoca no lector unha viva aparencia de realidade.
Os personaxes das súas obras proceden, en moitos casos, de vellos mitos doutras culturas. Así, en
(presentes, sobre todo, nalgunhas das novelas que escribiu en castelán, como
O humor é outra das características esenciais da narrativa de Cunqueiro. Non só está presente nas súas novelas, senón tamén, de xeito especial, nos seus tres últimos libros de relatos breves, onde tenta ofrecer unha visión das crenzas e do xeito de entender o mundo que teñen as persoas do rural galego.
Merlín e familia, o protagonista é o mesmo mago Merlín que acompañaba ao rei Artur nas súas aventuras lendarias, retirado agora en terras galegas, na compaña da raíña Xenebra, a viúva do rei Artur; en Se o vello Sinbad volvese ás illas o personaxe principal é o mesmo Sinbad de As mil e unha noites, quen, xa vello, rememora e conta as súas antigas aventuras. E o mesmo fai cos mitos nórdicos ou cos da literatura gregaLas mocedades de Ulises ou Un hombre que se parecía a Orestes).

Sem comentários:

Enviar um comentário